 |
El Correo Gallego - Galicia Hoxe - RSS - Todos los titulares
|
 |
 |
|
Ferido un motorista ó tratar de evitar unha colisión cun turismo en Ourense
Un motorista de 22 anos de idade e veciño de Ourense resultou ferido nun accidente de tráfico que sufriu a pasada noite ó tratar de esquivar un turismo que saía dun estacionamento na cidade.
|
Feridas dúas persoas ó saírse da vía os seus vehículos en accidentes en Toén e Mugardos
Dúas persoas resultaron hoxe feridas en senllos accidentes de tráfico rexistrados ó saírse da vía os vehículos nos que circulaban nos municipios de Toén (Ourense) e Mugardos (A Coruña).
|
Espectacular atraco en Negreira na sucursal bancaria de Banesto
Dous individuos esperaron na súa vivenda do Milladoiro ó traballador que abría o banco e retiveron a todo o persoal ata conseguir o botín, que podería superar os cincuenta mil euros.
|
Emilio Pérez Touriño renuncia ó seu escano de deputado no Parlamento de Galicia
O ex presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño presentou hoxe a renuncia ó seu escano de deputado no Parlamento de Galicia polo PSdeG, segundo confirmaron fontes parlamentarias.
|
Unha avaría na liña de alta tensión Tesouro-Setepontes deixa sen luz durante unha hora a varios municipios de Lugo
Unha avaría na liña de alta tensión Tesouro-Setepontes rexistrada a pasada noite deixou durante pouco máis unha hora sen luz ós veciños dos municipios lucenses de Vilalba, Guitiriz, Begonte, Rábade, Castro de Rei e Muras.
|
Detido o presunto autor da agresión nun bar do Porriño que rematou con tres feridos
Axentes da Garda Civil detiveron ó presunto autor da agresión de tres persoas, que resultaron feridas, nun bar da localidade pontevedresa do Porriño (Pontevedra).
|
Confirman que foi liberada a cooperante española Alicia Gámez, que fora secuestrada en Mauritania
Informouse tamén de que liberaron a italiana de orixe voltense Philomene Kauburé, pero algunhas fontes desmenten este feito
|
Un operario falece ó caerlle encima unha árbore que estaba cortando en Vilalba (Lugo)
Segundo informou o 112, o suceso ocorreu no lugar de Abadín, sobre as 13.27 horas
|
A CIG cifra nun 75% o seguimento da folga do naval en Pontevedra e a patronal redúceo ó 5%
CCOO e UXT aseguran que cinco dos nove estaleiros da provincia desenvolveron a súa actividade con "normalidade absoluta"
|
Mergulladores da Armada recuperan un torpedo na costa de Pontevedra
É de fabricación alemá, e sospéitase que sexa un artefacto perdido nunhas manobras no 1965
|